O Barco de Valdeorras (Ourense)
Sobre el dedal ---> Cruz de Caravaca y Escudo de O Barco
Algunas visitas de interés:
- Mosteiro de Xagoaza: O visitante encontra aquí un lugar silencioso, recollido e con moito encanto. Na igrexa de San Miguel (séc. XII) a cruz de Malta, esculpida sobre a porta principal, recorda que foi lugar administrado pola Orde de San Xoán de Xerusalén
- Vila do Castro: Ofrece unha ampla vista sobre a chaira na que se asenta O Barco. Destacan os restos da súa fortaleza, que pertenceu ao longo do tempo ás familias dos Castro, Pimentel e Sarmiento, estes últimos eran os condes de Ribadavia e derradeiros señores da xurisdición de Valdeorras.
- O barco bello: ten o río e o antigo camiño real como referentes. A praza Maior, de forma triangular e aberta ao Sil, é o centro simbólico da Vila. Nela destaca a casa vermella do Casino (1910) con reminiscencias modernistas.
- Viloria: na marxe esquerda do Sil, conta cunha fermosa praza e coa Casa Grande (1637), espléndido edificio señorial que acolle os servizos comarcais da Xunta de Galicia. No seu interior está en exposición permanente a colección municipal Valdearte de arte contemporánea.
- Etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario